• 2020-05-25 14:18:38
    Noticias

    Ante as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 que se celebrarán o vindeiro día 12 de xullo, comunícase que estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 25 de maio e o 1 de xuño, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.


    O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.


    Recoméndase especialmente a consulta das listas as que cumpriron 18 anos recentemente e a que cambiaron de enderezo nos últimos meses.


    Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:

    -901 101 900 -981 21 74 26 -981 21 74 39


    Muxía, a 22 de maio de 2020
    O Alcalde