• 2020-09-15 20:38:13
    Info General

    Polo presente informamos as persoas interesadas en Renovar ou Expedir por primeira vez o DNI, que o equipo da Policía Nacional trasladarase a este Concello de Muxía o luns 14 de DECEMBRO de 2020.
    Para poder ser atendidos teñen que anotarse nas Oficinas do 1º andar e/ou chamar por teléfono ao 981742001.
    Como medida anticovid, nos esixen dar cita previa cunha hora determinada de atención, con catro minutos de diferencia entre cada persoa, polo que rogamos sexan puntuais evitando aglomeracións.