• 2020-11-12 15:15:51
    Info General

    Ante as numerosas chamadas recibidas por parte de veciñas e veciños deste concello, comunicando o mal funcionamento das canles de televisión na zona de Touriñán, Nemiña, Castro e Frixe. Comunicamos que demos traslado a empresa responsable para que proceda a arranxar as deficiencias o antes posible, indicando que hoxe mesmo comezarán os traballos.
    En nome da empresa desculpen as molestias.