• 2021-01-13 14:16:00
    Info General


    Informamos que está aberto o
    prazo para inscribirse no programa de Salvamento e Socorrismo da
    Deputación da Coruña que consta de Socorrismo en espazos
    naturais
    (a desenvolverse en febreiro 2021) e Socorrismo en
    instalacións acuáticas
    (a desenvolverse en setembro 2021). A
    formación teórico-práctica farase no Centro de Formación da Cruz
    Vermella da Coruña e e as prácticas en praias dos concellos da
    provincia.


    As
    inscricións faranse pola sede electrónica do Concello de Muxía
    achegando perfectamente cuberto o formulario de solicitude que
    está na web municipal e un certificado ou informe médico con
    data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021.



    se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello por
    rigurosa orde de chegada.
    O prazo de inscricións remata o
    xoves 4 de febreiro.


    As
    persoas que sexan seleccionadas terán logo que presentar máis
    documentación sinalada na convocatoria para o que é necesario que
    teñan en conta os tempos de obtención desta documentación.


    Toda
    a información respecto á convocatoria , requisitos , documentación
    a achegar unha vez seleccionados
    etc...está dispoñible en:


    https://emprego.dacoruna.gal


    pel.socorrismo.acuatico@dacoruna.gal


    www.concellomuxia.com