• 2021-10-01 23:32:04
    Info General


    Tras a realización dos traballos de limpeza, desinfección e tratamento dos depósitos, seguindo as pautas marcadas polos especialistas e pola Consellería de Sanidade en todo momento, informamos de que hoxe, venres 1 de outubro, quedará restablecido o abastecemento de auga potable no municipio.

    Prevese que podería volver funcionar o abastecemento de auga potable sobre a 01:00 hora.


    Atendendo as indicacións da empresa especializada, recoméndase que non beban a auga directamente da billa, mentras non teñamos os resultados das mostras que se tomaron hoxe e se recollerán mañá sábado.


    Unha vez se conte cos datos definitivos, faranse públicos. Polo de agora, descoñécese a orixe deste problemática.


    O rexedor lamenta o acontecido e incide en que, desde o principio desta situación, actuouse “poñendo, por enriba de todo, a saúde e o benestar dos nosos veciños e veciñas”.