• 2021-10-04 00:17:29
    Info General


    Os últimos resultados dos analisis feitos pola empresa especializada BIOCONTROL Y CALIDAD ALIMENTARIA S.L contratada polo Concello de Muxía e autorizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) confirman que a auga do abastecemento municipal muxián cumple os parametros normais de consumo. Polo que se da por finalizada a problemática dos ultimos días despois da actuación feita o venres.

    Nos vindeiros días, seguiranse facendo analisis completos das augas para un maior control post-brote.

    Non se sabe con certeza a orixe do incidente xa que non hai probas contundentes para afirmalo, pero a teoría que colle forza coas pistas dadas polo resultados dos analisis, a única fonte de datos certificados, é que no sistema de captación de auga (ETAP OS MUIÑOS) se albergaron dous tipos de bacterias (Escherichia coli e Clostridium perfringens) dun posible vertido, que son causantes de molestias gástricas compatibles cos sintomas que moitos usuarios padeceron nestos dias. Este feito sumado a unha posible alteración do sistema de clorado que non dou contrarrestado a aparición de bacterias puido ser o causante da grave problemática. Aínda así non se pode asegurar que todos os casos de afectados sexan vinculados co sistema de abastecemento de auga, polo que tamen se contempla a posibilidade de que teñamos dous focos paralelos:

    ✔️ Un, o maioritario, vinculado ao consumo de auga da rede municipal de orixe bacteriano.

    ✔️ Outro, de menos casos, vírico que afecta a diferentes poboacións da provincia e que nada ten que ver con esta problemática.

    Sexa cal sexa a causa, o que se pretendeu sempre foi solucionar o problema que os analisis detectaron, o máis rápido posible e coa maior seguridade posible, activando os protocolos que existen para estos casos e informando a Consellería de Sanidade e a poboación muxiana en todo o momento e en tempo real.

    O dossier completo da empresa e do Concello de Muxía, composto de toda a documentación obtida do proceso, está en mans da Xunta de Galicia, como esixe o protocolo, para completar e analizar pola súa parte o expediente. Agradecendo a colaboración recibida do departamento de calidade ambiental durante o proceso.

    Lamentamos profundamente o acontecido e desexamos a pronta recuperación das persoas que poidan seguir a día de hoxe con problemas gastricos.

    Concello de Muxía