• 2021-11-15 12:13:55
    Cultura y ocio

    Logo de que esta actuación fose adiada por causas alleas ao Concello de Muxía, por fin veñen os Bolechas a Muxía co espectáculo "Os Bolechas fan o Camiño Marciano", espectáculo inscrito na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Será o venres, 19 de novembro , ás 18:00 h
    A entrada é de balde previa inscrición. Ás persoas que xa estaban inscritas recibirán chamada para confirmar a inscrición. Se estabades inscritos e non recibides chamada , nuns días poñédevos en contacto co departamento de cultura do Concello. Ademais pode haber inscricións novas, xa que aínda quedan algunhas prazas. ( Tf. 981 74 20 01)