• 2021-11-30 09:30:53
    Info General

    A Deputación de A Coruña, dentro da súa programación deportiva para o 2022, poñe en marcha un ano máis, unha Campaña de Esquí na estación Vangandre-Pajares (Asturias), destinada a escolares con idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos, ambos incluídos, cumpridos a 31 de decembro de 2021.
    O Concello de Muxía foi incluido nesta actividade coa adxudicación de 5 prazas
    Para axilizar os trámites, comezamos xa co período de preinscrición. Os interesados en formalizala, deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello a través do número de teléfono 981-742001 de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00
    horas, antes do vindeiro martes 14 de decembro, ás 12:00 h.
    MÁIS INFORMACIÓN NO DOCUMENTO ADXUNTO

    web:
    https://concellomuxia.com/2021/11/30/campana-de-esqui-2022/



    Adjuntos: