• 2021-12-04 10:08:02
    Info General


    ⚠️ AVISO ⚠️

    Esta noite, producíronse cortes no sistema de abastecemento de auga, segun primeiras hipóteses, producidos polos microcortes electricos que estamos sufrindo na comarca nos últimos tempos.

    A consecuencia as bombas desprogramaronse e non chegaba a auga ao depósito principal, producindo un corte no suministro.

    Xa estiveron os operarios solucionando o problema dende primeira hora.
    A previsión é que sobre as 10:15 o sistema quede restablecido.


    Por suposto, o Concello de Muxía, e eu como Alcalde, vamos a facer as queixas pertinentes a compañía suministradora de enerxía eléctrica polos problemas causados ou que puidese causar ao longo deste tempo. Non podemos consentir este tipo de situacións.