• 2023-08-10 14:03:30
    Info General

    Ampliación do prazo de selección de persoal PEL CONCELLOS subvencionado pola Deputación da Coruña

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 DÍAS NATURAIS

    POSTO A OCUPAR: Operario/a-servizos múltiples
    TIPO DE XORNADA: Xornada parcial
    DURACIÓN DO CONTRATO: 2 meses




    REQUISITOS ESPECÍFICOS:
     -          Carnes profesionais: Carné de conducir clase B

     -          As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral :

    •    Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
    •    Maiores de 45 anos.
    •    Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de 1 ano como demandantes de emprego
    •    Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
    •    Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións:
    ◦   Persoas en situación de drogodependencia.
    ◦   Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego
    ◦   Persoas con fogar monoparental.
    ◦   Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
    ◦   Persoas vítimas de violencia de xénero.          
    ◦   Persoas sen fogar.

     Para a acreditación dos requisitos empregaranse os criterios establecidos nas bases de convocatoria.

    BASES DA CONVOVATORIA: https://sede.muxia.es/sxc/export/sites/muxia/recursos/downloads/Tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230802133...

    Mais información: 981 74 20 01