• 2023-10-31 16:47:38
    Protección Civil

    Mañá mercores (1 de novembro) chegará a borrasca profunda (ciclogénesis explosiva) Ciarán ó noso concello, traerá ventos de 110 km/h con rachas huracanadas que poden pasar os 150 km/h, as peores horas serán dende as 18 horas (6 da tarde) ata as 3 da madrugada, ainda que o vento xa comezará a soplar as 15 horas (3 da tarde), ademais virá acompañado de choivas moi intensas. Pregamos non sair das casas entre as 18 horas e as 3 da madrugada do mercores ó xoves, non sendo por extrema necesidade, en caso de ter que sair moito coidado nas estradas; xa que pode haber ramas, arbores bolsas de auga e zonas asolagadas.
    Pechar e asegurar portas, xanelas ou toldos para evitar danos nas propiedades, e retirar macetas ou obxectos que poidan caer a rua.
    En caso de desprazamentos levar o teléfono móvil con un e con batería a tope, nas vivendas ter unha radio con pilas (por si falla o suministro eléctrico) para estar informado da evolución de temporal.

    Adjuntos: