• 2023-12-11 13:38:01
    Emprego


    Venres dos Polos - Emprendendo en feminino

    Venres 15 de decembro de 11:00 a 13:00 horas

    Lugar das Marías, A Veiga 15,  Xove (Lugo)

    Organiza: Polo de Emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo


    O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo presenta esta xornada para visibilizar a iniciativa emprendedora feminina, de mulleres que viven na costa de Lugo. 

    Estas mulleres emprenderon aproveitando o patrimonio familiar, para ofrecer unha alternativa de hospedaxe no rural diferencial que transmita cultura e valores, e tamén aprenderon da xente da zona a forma tradicional de elaboración de produtos do mar para a comercialización de conservas.

    Son exemplos da posta en valor das tradicións e o que se facía para autoconsumo nos fogares, convertindo estas actividades nunha alternativa de traballo incorporando a innovación.



    Adjuntos: