• 2024-01-10 12:08:17
    Emprego


    Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de fogar a xornada parcial (75 %)

    Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será do 1 de febreiro  ata o 31 de xullo de 2024.

    O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 11 ao 17 de xaneiro de 2024 (ambos inclusive)

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es