• 2024-01-18 11:31:36
    Info General

    O Concello de Ourol informa da existencia do SERVIZO DE FISIOTERAPIA A DOMICILIO para persoas dependentes con limitacións na súa mobilidade ou sen contar con grao de dependencia presenten igualmente unha mobilidade reducida.

    Todas aquelas persoas que  desexen acceder a este servizo deberán contactar co Servizo de Fisioterapia do Concello para valorar a súa idoneidade.
    Poderán contactar presencialmente na Casa Cultura (Planta Baixa) ou telefónicamente no 982559019.