• 2024-02-07 12:57:11
    Info General

    O Proxecto “Y para vivir Lugo", foi creado para combater o Reto demográfico na provincia de Lugo, fomentando a incorporacion das vivendas baleiras para que a poboación dispoña dun lugar onde vivir nas zonas rurais.



    As axudas dirixense  a propietarios/as, usufructuarios/as de vivendas, sen ánimo de lucro, sitas preferentemente nos Concellos de A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, sen prexuizo de que poidan extenderese ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.


    Daquela os propietarios ou usufructuarios das vivendas, poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600 euros, por cada inmoble que se incorpore á bolsa de alugueiro cun período de permanencia de 3 anos.

    O prazo para solicitar estas axudas comeza en día 1.02.2024 e remata o 29.02.2024.

    Pódese consultar a informacion na paxina web da Deputacion de Lugo, no seguinte enlace https://www.deputacionlugo.gal/es/temas/emprego/yparavivirlugo, as bases encóntranse publicadas no BOP do dia 31.01.2024 

    Para consultar calquera tipo de dúbida ponse ao dispor dos interesados/as o seguinte correo electrónico yparavivirlugo@deputacionlugo.org ou no teléfono: 982 260 221.