• 2020-06-22 13:43:22
    Info General

    O Concello de Ourol despois de revisar minuciosamente todos os protocolos e recomendacións sanitarias para a apertura das piscinas públicas para este ano 2020, considera que existen limitacións importantes á hora de poder garantir as continuas labores de limpeza e desinfección esixidas, a distancia de seguridade de como mínimo 1,5 m entre persoas, as limitacións de tempo de permanencia ou a limitación de aforos; tendo en conta tamén que son protocolos de difícil cumprimento.
    A aplicación rigurosa de ditas normas impediría aos usuarios disfrutar da tranquilidade e da diversión que se busca nestas instalacións e o acceso ás instalacións veríase moi reducido polo que pouca xente podería disfrutar delas.
    Por todo isto, tomouse a decisión de manter pechada a piscina municipal durante este verán de 2020.
    Dita decisión tómase tendo en conta que o Concello se debe aos veciños e por tanto a máxima prioridade é garantir a saúde e seguridade da cidadanía.
    Desde o Concello pedimos desculpas pola decisión de manter pechada a piscina municipal e comunicamos que este tempo de peche das instalacións será aproveitado para realizar as melloras necesarias para que, cando a situación o permita, se volva a reabrir este recinto con todas as garantías sanitarias precisas.