• 2021-12-03 08:53:02
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso  sobre MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE cos seguintes obxectivos:
    - Aprender a xestionar as emocións.
    - Conseguir un manexo axeitado do estrés e ansiedade.
    - Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dolo...etc
    Este curso terá lugar o día 9 de decembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos.
    Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982559109/ 677489457 para anotarse.


    Adjuntos: