• 2022-01-28 10:07:46
    Emprego


    AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES

    OBXECTO:

    Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

    -          Revestimento e/ou pintado de parámetros cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solución cosntrutivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

    -          Renovación do acabamento dos parámetros cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

    -          Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solcucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

    -          Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.

    -          Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación.

     

    REQUISITOS:

    Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionadas.

    Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

    A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.

     

    GASTOS SUBVENCIONABLES:

    -          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas

    -          Gastos correspondentes a honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos.

    -          Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

     

    CONTÍA DA SUBVENCIÓN:

    O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

     

    PRAZO E SOLICITUDES:

    Ata o 21 de febreiro de 2022, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes.

     

    INFORMA: 

    Resolución do 20 de decembro de 2021 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 12 de data de 19/01/2022)

    Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109