• 2022-06-09 11:48:24
    Emprego

    O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten previsto celebrar no Concello de Ourol un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA.


    DESTINATARIOS: Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son:
    1.- Grupo de prioridade 1: persoas con vinculación laoral ou formación na materia.
    2.- Grupo de prioridade 2: resto de persoal

    DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 27 ao 29 de xuño de 2022 en horario de 09:00 a 14:00 horas

    LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio Multiusos do Concello de Ourol

    DURACIÓN: 15 horas

    NÚMERO DE PRAZAS: 15


    SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle no Anexo II e que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal).
    Xunto coa solicitude achegarase tamén:
    - Copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte.
    - De ser o caso,  documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación)

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2022 no correo electrónico: formacion@conformaforestal.com


    INFORMACION: 981-551704




    Adjuntos: