• 2022-08-17 09:56:12
    Emprego


    Están expostas na sede electrónica e o taboleiro de anuncios da Casa do Concello o Decreto e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición con carácter de urxencia de unha vacante de peon forestal a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol para o Servizo de Protección Ambiental e do Espazo Natural a través do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2022

    Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %), sendo a data de finalización do contrato do 29 de outubro de 2022.

    O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 23 de agosto de 2022 (ambos inclusive)

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es