• 2022-08-25 14:13:24
    Emprego


    Están expostas as bases de selección tanto de alumnos participantes como do persoal docente do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.

    Os postos convocados son:

    -          1 director do obradoiro

    -          2 monitores/as de carpintaría de madeira

    -          1 monitor/a sociosanitaria

    -          1 administrador/a a media xornada

    Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e 3 de carpintaría de madeira)

    Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Concello de Muras e co seguinte horario :

    -          Director: 9 de setembro ás 9:30 horas

    -          Administrador/a: 9 de setembro ás 10:30 horas

    -          Monitor/a de atención sociosanitaria: 9 de setembro ás 11:30 horas

    -          Monitores/as de carpintaría de madeira: 9 de setembro ás 12:30 horas

    -          Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 7 de setembro ás 09:30 horas

    -          Alumnos módulo de sociosanitaria: 8 de setembro ás 09:30 horas

     

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es