• 2022-09-12 11:33:22
    Info General


    RUTA CAMIÑO NORDÉS: VIVEIRO – OUROL

    Día:  17 de setembro

    -          Modalidades: cabaleiros e viandantes

    -          Saída: ás 10:00 h na Avenida de Ferrol, en Viveiro (onde habitualmente se coloca o mercado).

    -          Os viandantes percorrerán a Rúa Nova ata o paseo fluvial e ata Ourol.

    -          Os cabaleiros percorrerán o treito ata o paseo pola estrada e posteriormente continuarán co resto da ruta.

    -          Haberá un autobús facilitado polo Concello de Viveiro que sairá de diante da CASA DO CONCELLO DE OUROL ás 9:30 h. Deste modo as persoas que queiran deixar o seu vehículo en Ourol volverán a Viveiro en autobús para a saída.

    -          Xantar campestre en San Antonio da Xestosa (Muras) previa anotación. Prezo 25€

    INSCRICIÓNS

    -          Ata o día 15 de setembro no teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol) en horario de 8:00 h a 14:00 h ou no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 14:00 h.


    Adjuntos: