• 2022-12-26 10:58:45
    Info General

    Desde o Concello de Ourol informase que debido a un derrube que se produciu no talude do tramo da estrada municipal que abarca desde o cruce do acceso a Domecelle ata o núcleo de Rego da Ponte (parroquia de Bravos) non é posible a circulación de vehículos pesados (camións, plataformas de madeira, etc...) dado o estado no que se atopa a vía.
     Dita restricción de circulación de vehículos pesados manterase así ata que se produza o arranxo dese tramo de vía.