• 2023-03-02 09:47:12
    Biblioteca

    Abrimos o prazo para anotarse neste obradoiro que se impartirá o vindeiro 16 de marzo en Ourol. Un obradoiro de carácter teórico-práctico sobre as posibilidades das técnicas de enxerto: época do ano para enxertar, tarefas preparatorias, materiais, recolección, almacenamento e preparación do material, tipos de enxerto, coidados despois do enxerto, produtos cicatrizantes...
    DÍA: 16 de marzo
    HORA: DE 16:00 H A 20:00 H
    LUGAR: edificio multiusos de Ourol
    INSCRICIÓN: nos tlfs. 982 55 90 19 ou 608 694 051 (WhatsApp) ata o 13 de marzo
    Anótate xa, as prazas son limitadas!!!


    Adjuntos: