• 2023-04-28 13:30:50
    Emprego


    A Asociación Terras de Miranda vai celebrar unha segunda edición do Maratón de Emprendemento

    O Maratón forma parte do programa de CaixaBank Terra de Oportunidades e está organizado pola empresa Rural Talent e promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural Seitura 22, Terras de Miranda e Montes e Vales Orientais.

    Este novo maratón de emprendemento rural está aberto tanto para novas persoas emprendedoras como empresas que queiran lanzar novas líñas de negocio en sectores clave como o forestal, a enerxía, o turismo activo e as experiencias turísticas, así como proxectos que melloren os servizos a poboación.

    Esta segunda edición do maratón celebrarase os días 19 e 20 de maio de 2023 no Centro de Dinamización Empresarial – Polígono de Penapurreira 1 – As Pontes.

    Os emprendedores participantes presentarán o seu proxecto no transcurso do maratón e optarán a 12 premios entre 500 e 2.500 €.  Ademais podrán incorporarse a incubadora rural INCUBATIO, a comunidade de emprendedores online para impulsar os sues proxectos.


    As persoas interesadas poden facer a inscrición na web www.ruraltalent.eu ou escanenado o código QR que aparece no cartel adxunto



    Adjuntos: