• 2023-09-04 12:19:08
    Servicios Sociales


    1. REQUISITOS:

      1. Requisitos xerais:

    As axudas deberán ser solicitadas por quen ou quenes teñan a patria potestade, tutela ou curatela do alumnado.

    • Que todos os membros da unidade familiar se encontren empadroados no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de tres meses.

    • Estar matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/2024.

    • Que ningún membro da unidade familiar teña débedas pendentes co Concello de Ourol.

      1. Requisitos económicos:

    Que a renda per cápita anual da unidade familiar non supere os 10.000 euros.




    1. DOCUMENTACIÓN:

      1. Solicitude debidamente cumplimentada que estará a disposición d@s solicitantes no Departamento Municipal de Servizos Sociais e na Sede Electrónica do Concello de Ourol. A solicitude será única para todos/as os/as fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que vai a realizar cada un/unha. Cada un/unha deles/delas recibirá a contía que lle corresponda segundo os criterios establecidos nestas bases.

      2. Fotocopia do DNI d@ solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia obrigad@s a obtelo.

      3. Fotocopia do libro de familia.

      4. Fotocopia da declaración da renda do exercicio 2022 ou certificado de imputacións do IRPF relativo a tódolos membros computables da unidade de convivencia maiores de 18 anos.

      5. Documentos acreditativos das circunstancias socio-persoais alegadas. (Certificado acreditativo de atoparse en situación de desemprego, Certificado de discapacidade ou de ter recoñecida unha incapacidade permanente, Certificado acreditativo da condición de familia monoparental, Título de familia numerosa e documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero, segundo o caso)

      6. Certificado de número de conta bancaria onde se efectuará o ingreso no caso de ser beneficiari@ da axuda.

      7. Documento acreditativo de atoparse matriculado/a en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2023/2024.
    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 15 DE SETEMBRO DE 2023

    Para máis información e para a presentación das solicitudes: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS (982559109/677489457)



    Adjuntos: