• 2023-09-05 11:38:31
    Servicios Sociales

    ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS


     

    CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA PERSOAS MAIORES

    Este curso levarase a cabo os martes e venres. A hora de inicio da actividade é ás 11:30 h. no Edificio Multiusos. Son clases cunha duración de 45 min na que se levarán a cabo exercicios  de carácter moderado adaptados ás persoas maiores co obxectivo de desarrollar a forza, mellorar o equilibro e previr caídas. Inclúense tamén exercicios de estiramento, elasticidade e relaxación.

    As clases darán comezo o día 3 de outubro no Edificio Multiusos

    Ofértanse un máximo de 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

    Inscrición no departamento de servizos sociais (982559109/647512772)

    CURSO DE ENTRENAMENTO DA MEMORIA PARA PERSOAS MAIORES

    Con este curso preténdese axudar a compensar as posibles perdas de memoria que poidan experimentar as persoas debido á súa idade. Tamén está dirixido a aquelas persoas que, ainda sen presentar problemas de memoria, estean interesadas en aprender algunhas estratexias de memorización que poidan ser aplicadas no momento que detectten algún problema na realización das súas actividades da vida cotiá relacionado coas perdas de memoria

    As clases darán comezo o día 4 de outubro ás 11:00 h. no Edificio Multiusos

    Inscrición no departamento de servizos sociais (982559109/647512772)

    PROGRAMA ENREDANDO

    Trátase dunha inciativa que Cruz Vermella está achegando a distintos concellos da provincia de Lugo.

    O obxectivo é realizar unha serie de talleres dirixidos ás persoas maiores con motivo de facilitarlles o uso das novas tecnoloxías. Para iso dispoñen dunha furgoneta completamente equipada con todo tipo de dispositivos móviles.

    Os talleres versarán sobre distintos tema de interese, por exemplo: ensinarlles a usar as aplicacións de banca móvil, pedir cita co médico a través do móvil, ensinarlles a usar un navegador, uso de whatsapp, etc..

    Visitarán o noso Concello o vindeiro venres día 15 de setembro e terán instalada a súa furgoneta na explanada situada detrás do Concello dende as 11:00 ás 14:00 h., para que calquera persoa interesada poda achegarse.

    Non se precisa inscrición previsa.



    Adjuntos: