-
Accións formativas na UAF de Melide
Info General22-Julio-2026 14:20
A Unidade de accións formativas de Melide publica e abre prazo de inscrición para solicitar o/os cursos destinados prioritariamente a persoas desempregadas (inscritas como demandantes de emprego na oficina do INEM) e tamén dirixidos a persoas ocupadas laboralmente.
Os cursos iniciaranse en outubro, pero é preciso unha inscrción previa tal como se indica no seguinte cadro onde se completa a información de cada unha das 5 accións formativas, ou pincha no enlace para descarga(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Campaña doazón de sangue
Info General09-Julio-2026 10:06
A unidade móbil da Axencia de doazón estará ubicada no Lugar de Souto desde ás 10:15 ata ás 12:00 do Xoves 16 de Xullo.
Para doar sangue recoméndase esperar 2 horas desde o almorzo ata realizar a doazón, e en todo caso non realizar unha comida copiosa antes de realizar a doazón.
Ademáis é preciso acudir ben ca tarxeta identificativa de doante, ou ben, o DNI ou similar.
No caso de estar a tomar algunha medicación, débese comunicar ao médico con anterioridade á doazón.<(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Apertura Piscina de Verán
Info General01-Julio-2026 09:25
O Concello de Toques incia a tempada de verán coa apertura da Piscina o Mércores 1 de xullo de 2026. O horario de apertura será de luns a domingo desde ás 13:00 h. ata ás 21:00 h.
Para poder acceder á piscina, é necesario adquirir un ticket de entrada na mesma instalación cos seguintes prezos:
– Ata 3 anos de idade: Entrada Gratuita.
– De 4- 14 anos de idade: 1,00 euro.
– A partir de 15 anos: 2,00 euros.
Tamén existen bonos, co prezo reducido, os (...)
...Haga click para ver completo. -
Actuación Caxoto
-
Actuación de Raquel Queizás
-
Relación de solicitudes admitidas para o Campamento de Ocio e Deporte
Cultura y ocio19-Junio-2026 14:10
Unha vez rematado o proceso de solicitude para o Campamento de Ocio e Deporte da actual anualidade, as familias beneficiadas pola adxudicación de praza/s que finalmente esteñan interesadas en participar deben aboar a taxa para poder participar no campamento e dar por finalizado o proceso de inscrición.
O aboamento da cantidade correspondente debe realizarse durante o periodo que abarca entre o 25 ata o 29 de xuño 2026, e nunha das seguintes contas bancarias:
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:
-
Campus de Ocio e Deporte
Cultura y ocio05-Junio-2026 13:30
O Concello de Toques organiza de cara á tempada estival unha actividade dirixida a menores coa finalidade de satisfacer demandas lúdicas, recreativas por un lado e conciliadoras por outra banda.
Trátase dun “Campus de Ocio e Deporte” e terá lugar desde o 6 de xullo 2026 ata o 31 de xullo 2026 en horario de 10:00 a 14:00. a actividade vai destinada á veciñanza cuio ano de nacemento está entre o 2010 e 2022 (ambos inclusive).
O prazo de inscrición estará aberto desde (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Xantar dos Maiores
Terceira idade19-Mayo-2026 10:52
O vindeiro 30 de maio terá lugar no Polideportivo en Souto o Xantar dos Maiores.
A invitación e a carta informativa foron enviadas por correo postal a todos os veciños e veciñas que cumpran os requisitos para poder asistir. Ademáis coa invitación e a carta achégase unha entrada para entregar e participar nun sorteo. Unha vez recibida a correspondencia, é necesario confirmar asistencia por vía telefónica ao concello.
Archivo adjunto: -
Festival de Clausura de Escolas Deportivas 2025-26
Deportes12-Mayo-2026 12:39
O vindeiro Xoves 28 de maio terá lugar no Polideportivo a clausura das escolas deportivas que desde o pasado mes de outubro estiveron en funcionamento.
A finalidade do encontro trata de xuntar a maioría dos participantes nunha única sesión e que cada grupo realice unha pequena actuación que resuma a actividade anual.
Ademáis, os participantes recibirán un agasallo e haberá unha merenda popular para o fin de festa.
Archivo adjunto: -
Aberto prazo de inscrición para dous novos cursos de Iniciación a Internet
Cultura y ocio21-Abril-2026 12:35
Iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro das iniciativas Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
Trátase dunha acción formativa de carácter gratuíto destinada de forma xeral a toda a poboación e en particular ás persoas maiores de 60 anos.
Para poder participar, é necesario inscribirse con antelación e cada participante debe posuir unha tablet ou mobil de última xeración e unha conta de corre(...)
...Haga click para ver completo.
Archivos adjuntos: -
Limpeza e Xestión das Franxas de Biomasa
Noticias07-Abril-2026 14:12
En relación coa Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, existe a obriga por parte dos propietarios de xestionar a biomasa e retirar especies prohibidas en lugares con vivendas a menos de 50 metros.
Trátase de evitar riscos de incendio forestal nos núcleos de poboación afectados.
As actuacións de xestión e retirada menionadas anteriormente, deben realizarse antes do 31 de maio en cada anualidade.
En caso de incumprimento e consecuente afectación material ou física á veciñan(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Semana Santa 2026
Info General26-Marzo-2026 14:22
Con motivo da celebración da Semana Santa, establécense os seguintes horarios para as misas que terán lugar en Toques no Aula da Natureza.
Domingo de Ramos: 29 de marzo ás 20:00 h.
Xoves Santo: 2 de abril ás 20:00 h.
Venres Santo: 3 de abril ás 20:00 h.
Sábado Santo: 4 de abril ás 20:00 h.
Domingo de Resurrección: 5 de Abril ás 20:00 h.
Ademáis haberá misas o Luns, Martes e Mércores Santo en Melide, onde haberá confesión a partir das 19:00 h.
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Obradoiro de competencias dixitáis: Apps para a xestión de trámites en internet
Info General04-Marzo-2026 14:10
Aberto o prazo de inscrición para a seguinte acción formativa relacionada coa xestión de trámites na internet mediante o móbil como ferramenta.
O obradoiro está especialmente dirixido á xente maior, non obstante está aberto para que participe calquer veciño/a de Toques, independentemente da idade.
Só é necesario posuir un móbil propio (de última xeración) e unha conta de correo móbil, que será necesario para poder realizar o curso íntegramente.
Unha vez rematado o (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Recollida plásticos agrícolas
Info General24-Febrero-2026 12:35
Que en relación a recollida de plásticos agrícolas que se está a facer polos diferentes puntos do concello, vémonos na necesidade de advertir que non se poden entregar plásticos mesturados con restos de alimentación do gando, terra ou outro tipo de envasas procedentes da explotación.
Archivo adjunto: -
Axudas para rehabilitación de vivendas no rural
Subvención /Axudas16-Enero-2026 12:26
O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas para obras de rehabilitación, accesibilidade, eficiencia enerxética e máis.
Dirixido a concellos con poboación menor de 5000 habitantes.
Axudas do 75 % do orzamento total sen que a axuda sexa superior a 30000 €.
Prazo de solicituide aberto ata o 13 de febreiro de 2026
Archivo adjunto: -
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos
Subvención /Axudas16-Enero-2026 12:19
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca esta línea de axudas para actuacións de restauración, renovación e/ou recuperación de fachadas, cubertas ou peches.
Importe subvencionable do 70 % cun nlímite máximo de 3000 €.
Prazo de solicitude aberto ata 16 de febreiro de 2026.
Archivo adjunto: -
Visita de público ao QUEN ANDA AHÏ?
Cultura y ocio13-Enero-2026 10:26
O vindeiro 23 de Xaneiro a veciñanza de Toques está convidada a participar na emisión do programa de Televisión de Galicia asistindo como público.
trátase de acudir ao plató de produción en Ordes onde se realiza a gravación do programa para pasar unha tarde inesquecible entre risas, música e invitados especiais!!
A inscrición e o autobús proporcionado para realizar o desprazamento é gratis e para anotarse é necesario avisar no 626445816 antes do mércores 21.
Data: venres 23 de xaneiro
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Visita como público ao “Quen anda ahí” da TVG
Noticias09-Diciembre-2025 13:28
O programa do serán da TVG invita á veciñanza interesada en asistir como público ao programa que se emite o venres 12 de decembro.
Se hai xente interesada en Toques, están dispoñibles entre 10 e 15 prazas.
Para asistir como público é necesario enviar whatsapp para reservar ao número 670 47 25 42.
A visita é compartida coa veciñanza de Palas de Rei e Friol, e de feito, hai dispoñible un autobús gratuito de Friol para realizar o desprazamento.
Tamén se pode face(...)
...Haga click para ver completo. -
Casting presencial - Serie de época Vaca Films
Noticias09-Diciembre-2025 12:55
En Sobrado dos Monxes hai un casting presencial para buscar figurantes da zona. Será o mércores 10 de decembro no Antigo Mercado de Abastos (C. Casiñas, 15813 A Porta, A Coruña) de 10:00h a 13:30h e de 16:00h a 19:00h.
É moi sinxelo: só é pasar por alí, deixar uns datos e facer un par de fotos. Non fai falta apuntarse antes nin preparar nada.
Buscamos todo tipo de perfís, xente dos pobos da zona e arredores, sobre todo persoas maiores (aínda que non é(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Afectación da sinal de recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT)
Info General09-Diciembre-2025 12:49
Infórmase que o 31 de Decembro de 2025 remata o prazo para solicitar as actuacións gratuítas para restablecer a recepción do Sinal TDT nas vivendas afectadas pola instauración dos nodos 4G e 5G.
Para resolver as incidencias ocasionadas, os veciños usuarios do TDT deben comunicarse no número de teléfono 900 833 999.
Archivo adjunto: -
III xornada de andainas: desfruToques
Deportes27-Noviembre-2025 10:21
Continúa o programa de roteiros e andainas en Toques coa terceira xornada, nesta ocasión a andaina, un percorrido circular con saída e chegada en Souto, diríxese hacia o Coto do Pilar, pasando por Os Codesás e realizando o regreso por o Castro Pedro.
A saída será ás 9:00 AM. desde a Casa do Concello, ten unha duración estimada de 4 horas e o percorrido ten unha distancia de 15 quilómetros aproximadamente.
Inscrición de balde no número 626445816.
A actividade p(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:



