• 2023-11-07 09:36:16
    Información Xeral



    BANDO

    DONA MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA,

    FAI SABER:

    O Instituto de Maiores e Servizos Sociais, abre de novo o prazo de presentación de solicitudes para  participar no Programa de TURISMO SOCIAL da tempada 2023-2024.

    Poderán participar no nomeado programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    1.      Persoas residentes en España:

    ·         Pensionistas de xubilación do Sistema Público español de Pensións.

    ·         Pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

    ·         Pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos. 

    ·         Titular ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

    ·         Valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

    2.      Españois residentes no estranxeiro que reúnan os requisitos do apartado 1. Os españois residentes en: Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderán tramitalo nas Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

    3.      Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, que sexan pensionistas dos sistemas públicos da seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

    As quendas poderán ter unha duración entre 4 días (3 pernoitas) e 10 días (9 pernoitas).

     

    O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 06 de novembro de 2023 ata final de tempada 2023-2024.

     

    Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello.

     

    En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.



    Adjuntos: