• 2023-12-12 08:11:14
    Eventos


     BANDO

    DONA MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA,

    FAI SABER:

    O Instituto de maiores e Servizos Sociais, convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de TERMALISMO SOCIAL.

     

    Poderán participar no nomeado programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    ·         Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seguridade Social español.

    ·         Pensionista de viuvez con 55 ou máis anos do Sistema de Seguridade Social español.

    ·         Pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos do Sistema de Seguridade Social español.

    ·         Asegurado ou beneficiario do Sistema de Seguridade Social español, con 65 ou máis anos.

     

    O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:

     

    1.      Para participar no proceso de adxudicación de praza:

    è Para as quendas de febreiro a agosto: ata o 10 de xaneiro do 2024

    è Para as quendas de setembro a decembro: ata o 15 de maio de 2024

     

    2.      Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas (para cubrir as que quedan vacantes):

    è Para as quendas de febreiro a agosto: ata o 14 de maio de 2024

    è Para as quendas de setembro a decembro: ata o 15 de novembro de 2024

     

     

    Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello.

     

     

    En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.

     


    Adjuntos: