• 2024-01-03 08:48:18
    Información Xeral


    BANDO

     

    Dona MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Trabada, FAI SABER:

     

    Co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo para as próximas Eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro 18 de febreiro de 2024, as listas electorais correspondentes a este municipio e que se terán en conta para este proceso, poderán consultarse exclusivamente a través de medios informáticos na secretaría do Concello.

     

    A consulta destas listas electorais estará dispoñible entre os días 1 e 8 de xaneiro de 2024, ambos dous inclusive. As reclamacións poderán formularse entre os mesmos días, e ata antes das 14.00 horas do día 8 de xaneiro, a través do impreso que se lle facilitará no Concello.

     

     

     

    En Trabada, asinado pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.

     


    Adjuntos: