• 2024-01-15 13:53:07
    Información Xeral


     BANDO

    DONA JULIA MARÍA BARCIA FERNÁNDEZ, ALCALDESA EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE TRABADA,

    FAI SABER:

     

    Que a Deputación provincial de Lugo ven de convocar o programa de Lugo Termal, ofrecendo ás persoas maiores de 50 anos empadroadas en calquera concello da provincia de Lugo prazas subvencionadas nos establecementos balnearios da provincia que se relacionan a continuación:

    ·         HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS, PANTÓN.

    ·         BALNEARIO DO RÍO PAMBRE, PALAS DE REI.

    ·         BALNEARIO E TERMAS DE LUGO.

    ·         HOTEL AIRPORT MADRID HOTELES, GUITIRIZ

     

    Requisitos:

    Ter máis de 50 anos e estar empadroado/a na provincia de Lugo. Poderase participar con un acompañante que non cumpra os requisitos.

    Servizos

    OPCIÓN A : ESTANCIA TRATAMENTOS (239,99€)
    1. Estanzas de 6 días con 5 noites
    2. As estanzas comprenderán 5 pensións completas.
    3. Con carácter xeral, 15 técnicas de saúde por estanza.
    4. Recoñecemento médico previo a aplicación das técnicas

     

    OPCIÓN B : TRATAMENTO SEN ESTANCIA (250,00€)

    30 técnicas terapéuticas (como mínimo) durante dez días. Con carácter xeral de luns a venres.

     

     

    Prazo de inscrición: dende o 16 de xaneiro de 2024 ata o 30 de xuño de 2024, ou ata que se esgoten as prazas.

     

     

     

     

    En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa en funcións na data que figura na marxe.


    Adjuntos: