• 2024-02-06 13:07:14
    Información Xeral


     BANDO

     

    DON RUBÉN GARCÍA FREIJE, ALCALDE DO CONCELLO DE TRABADA, FAI SABER:

    Que abre o prazo para a presentación de instancias das SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS E Á SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN.

     

    è Obxecto:

    Convocar en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á RENOVACIÓN DOS SEGUINTES ELECTRODOMÉSTICOS en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas:

    ·         Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación A, B, C ou D.

    ·         Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D.

    ·         Lavadora con clasificación enerxética A ou B.

    ·         Lavalouza con clasificación enerxética A, B ou C.

    ·         Placas de cociña de indución total.

     

    è Prazo de presentación de solicitudes:

    ·         Dende o 8 de febreiro de 2024 ás 09:00 horas ata o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

    ·         Directamente as entidades colaboradoras.

    Na páxina do INEGA estará dispoñible unha listaxe das entidades colaboradoras (www.inega.gal).

     

     

    Para maior información dirixirse ao Concello.

     

     

    En Trabada, asinado dixitalmente polo Sr. Alcalde na data que figura na marxe.


    Adjuntos: