• 2024-02-13 13:30:23
    Subvencións


     BANDO

    DON RUBÉN GARCÍA FREIJE, ALCALDE DO CONCELLO DE TRABADA, FAI SABER:

    O Instituto Galego da Vivenda e Solo abre o prazo de presentación de solicitudes para o PROGRAMA DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O 2024:

     

    Obxecto:

    Aprobar as bases para as axudas de adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes modalidades

    è  Modalidade A: vivendas localizadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

    è  Modalidade B: vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

    è  Modalidade C: vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

    Requisitos:

    ·         Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, é precisa a autorización de estadía ou residencia en España.

    ·         Ter subscrito con posterioridade á data fixada un contrato privado ou escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nas bases.

    ·         Que o solicitante e a unidade de convivencia estean empadroados na vivenda adquirida.

    ·         Que os ingresos anuais da unidade de convivencia:

    o    Modalidade A: iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.

    o    Modalidade B: iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.

    o    Modalidade C: ter cumprido o requisito de ingresos no momento que determine a normativa reguladora.

    ·         Atoparse ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social nin ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    ·         Non ser propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en territorio español.

    ·         Na modalidade A: ter menos de 36 anos no momento da solicitude ou subscrición do contrato.

    ·         Na modalidade C: ser adquirinte ou adxudicataria e ter acreditado o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida.

    ·         No caso de adquirir a vivenda por máis dunha persoa, deberán cumprir os requisitos cada unha das persoas propietarias.

     

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 14 de febreiro de 2024 e rematará o 31 de outubro de 2024.

    Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello.

    En Trabada, asinado dixitalmente polo Sr. Alcalde na data que figura na marxe.

     


    Adjuntos: