• 2024-02-16 13:34:35
    Eventos


    BANDO

    DON RUBÉN GARCÍA FREIJE, ALCALDE DO CONCELLO DE TRABADA, FAI SABER:

    O Instituto Galego da Vivenda e Solo abre o prazo de presentación de solicitudes para o PROGRAMA AVAIS PARA A MOCIDADE PARA O ANO 2024

     

    Obxecto:

     

    Prestar cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda para as persoas que teñan menos de 36 anos.

     

    Requisitos:

     

    ·         Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. No caso de estranxeiros non comunitarios, é precisa a autorización de estadía ou residencia en España.

    ·         Ter entre 18 e 36 anos.

    ·         Estar empadroado en Galicia.

    ·         Dispoñer duns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e máximos de 5,5 veces o IPREM. No caso de que a vivenda sexa adquirida por máis de unha persoa os ingresos máximos serán de 6,5 veces o IPREM.

    ·         A vivenda debe estar situada na Comunidade Autónoma de Galicia e que se estableza como a residencia habitual e permanente.

    ·         Que o prezo da vivenda non supere os prezos de adquisición segundo as zonas territoriais fixadas no anexo II da Orde

    ·         Non ser propietario ou usufrutuario dunha vivenda en España.

     

     

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de marzo de 2024 e rematará o 30 de outubro de 2024.

     

    Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello.

     

     

    En Trabada, asinado dixitalmente polo Sr. Alcalde na data que figura na marxe.


    Adjuntos: