• 2024-04-08 11:40:28
    Eventos


    BANDO

     

    RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

     

    Don Rubén García Freije, Alcalde-Presidente do Concello de Trabada, FAI SABER:

     

    Que o día 6 de maio de 2024 pasaremos a recoller os plásticos de procedencia agrícola.

    Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que demanden este servizo ben chamando ao número de teléfono do Concello: 982.135.011 ou de forma presencial nas oficinas municipais, antes do día 3 de maio.

     

    Para facilitar a súa recollida:

     

    1.    Os plásticos deberán ser depositados en puntos de fácil acceso para o camión.

    2.    Deberán estar apartados do tendido eléctrico e das árbores que estorben á pluma para a súa carga.

    3.    Deberán estar debidamente pregados e atados para facilitar a súa recollida.

    4.    Non deben levar arames nin terra ou area polo medio.

     

    Agradecendo de antemán a colaboración de tódolos veciños nestas indicacións.

     

    En Trabada, asinado dixitalmente polo Sr. Alcalde na data que figura na marxe.


    Adjuntos: