• 2019-02-03 23:31:33
    Info Xeral

    No marco do Programa europeo Erasmus Asociacións estratéxicas, o proxecto SFATE (Smart Farming Training for Employment) elaborou o portal web sfate.eu para a súa difusión pública, como resultado do traballo de todos os socios europeos.

    Trátase dunha plataforma dixital traducida a seis idiomas (galego, castelán, inglés, francés, alemán e esloveno), con información sobre tecnoloxías relacionadas coa agricultura intelixente, ilustradas con vídeos, na que tamén se relacionan cos empregos que estas tecnoloxías poden xerar e ao mesmo tempo, coa formación requerida para poder exercer estas novas profesións.

    Os obxectivos fundamentais son:

    Mostrar á xuventude as novas posibilidades de emprego que a agricultura dixital está xerar no rural,
    Facer máis atractivo o sector para a mocidade e
    Mostrar as posibilidades de formación para estes novos perfís profesionais.

    Este proxecto foi liderado pola Consellería de Educación, FP e Innovación Educativa, xunto coas entidades galegas Federación EFA Galicia e a USC (Escola Politécnica Superior de Lugo) e con socios europeos de Alemania, Francia e Eslovenia.