• 2019-03-05 10:48:07
    Servicios

    Estase intentando crear para Xaneiro do 2019 a liña de bus de funcionarios e calquera outra persoa interesada, xa existentes cara outras vilas/cidades galegas, Carballo - Val do Dubra - Santiago de Compostela, cremos que pode beneficiar a moita xente, toda a información e a forma de anotarse no seguinte enlace: https://tinyurl.com/ycql967a

    Esta previsto o comezo da liña matinal, o día 1 de Marzo, informando que o servizo que nos van a ofrecer permite o uso duns bonos, válidos por 3 meses, que chegan a ter un desconto de entre un 60% e un 50% fronte a tarifa estandar permitindo ao usuario viaxar durante todo o mes por uns 40 euros dende Bembibre a Santiago, a través dunha tarxeta persoal da compañía Arriva.

    En Carballo haberá varias paradas ao mesmo que pola cidade de Santiago para deixar aos estudantes e traballadores. E comentar que esta será unha liña en probas ata Xuño, en función da demanda, e o resto de liñas non se modifican.

    Por último decir que para maior información, ou para solicitar os bonos de estudante/traballador, deben facelo a través de atencioncliente@arriva.es e presentar a seguinte documentación: foto tamaño carnet, fotocopia do DNI, fotocopia da matrícula de estudos ou contrato laboral/certificado de empresa/cabeceira da nómina.