• 2018-02-15 10:52:08
    Servicios Sociales



    En relación coa próxima apertura en Ourol da “CASA NIÑO PAXARIÑOS”, convidamos a todas as familias con fillos e/ou fillas ata 3 anos de idade a unha reunión informativa, que terá lugar o vindeiro venres día 16 de febreiro ás 11:30 na Sala de reunións da Casa da Cultura (2º piso).

    Para calquera dúbida ou información que precisen poden contactar co departamento de servizos sociais do Concello (982559109) ou coa responsable da Casa Niño (Vanesa 697293062).