• 2018-04-17 10:03:20
    Servicios Sociales

    Está aberto o prazo de solicitude para o PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2018 (DOG nº 74 do 17/04/2018)

    OBXECTO: convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV.
    REQUISITOS:
    - Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilacion, invalidez , viuvez ou outras pensións.
    - Estar empadroados e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    - Valerse por sí mesmo nas AVD.
    - Non padecer alteracións do comportamento nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
    - Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    - Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
    DURACIÓN E SERVIZOS OFERTADOS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) entre o mes MAIO E OUTUBRO de 2018. A estadía inclúe réxime de pensión completa, tratamentos termais e programa de actividades de animación sociocultural.
    PREZO: O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV da Orde do 10 de abril de 2018.
    PRAZO DE INSCRICIÓN: Para as quendas entre maio e xuño ata 16 de maio. Para as quendas entre os meses de xullo e outubro ata o 31 de maio de 2018.

    Para máis información poden dirixise ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982559109.