• 2019-08-07 09:38:51
    Biblioteca

    Ás 19:00 h no Edificio Multiusos de Ourol terá lugar a primeira xornada de historia local; este primeiro día contamos coa presenza de Mario Saavedra Pérez, profesor especialista en lingua inglesa, galega e castelá, autor do libro "Cruceiros, cristos, cruces e outros monumentos do concello de Ourol" que presentará hoxe durante unha charla-coloquio onde faremos un repaso polos diferentes monumentos relixiosos das parroquias do noso concello.

    Animamos a todos os veciños e veciñas e a aqueles que estean interesados a participar nestas xornadas.