• 2019-09-19 09:49:29
    OMIX

    Os usuarios/as do Carné Xove terán un desconto do 5% en libros e do 10% en material escolar.
    O Carné Xove está destinado a rapazas e rapaces de 12 a 30 anos de idade, ambos os dous inclusive, e ofrece múltiples descontos en establecementos adheridos ademais dun seguro de accidentes en viaxe, asistencia por danos na equipaxe, por retraso nos medios de transporte e asistencia por responsabilidade civil. Ten unha vixencia de 2 anos e podes solicitalo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia cubrindo un impreso e adxuntado copia do DNI ademais de pagar unha taxa de seis euros ou na túa Oficina de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura de Ourol. Para máis información podes chamar ó teléfono 982 55 90 19 (Verónica) ou na páxina xuventude.xunta.es