• 2019-10-21 10:09:33
    Servicios Sociales

    ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL 2019.
    Ofértanse un total de 105 prazas para a Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 50 prazas no Complexo Residencial Xuvenil Lugo II (Lugo) para solicitantes da provincia de Lugo.
    Consiste nunha estancia (pensión completa) de 16 días (15 noites) entre os días 23 de decembro de 2019 e 7 de xaneiro de 2020. Este programa está destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas. O prazo de solicitudes remata o día 15 de novembro. Para formalización de solicitudes ou máis información poden dirixirse ó departamento de servizos sociais ou no teléfono 982559109.




    Adjuntos: