• 2020-02-05 09:00:01
    Servicios Sociales

    MODALIDADES:
    - Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
    - Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

    REQUISITOS:
    - Que ben o coidador ou ben a persoa que atende, sexan residentes na CA de Galicia.
    - Que a persoa a que se coida presente calquera das seguintes situacións:
    Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
    Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
    Que a persoa a que se coida presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
    Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do último exercicio.

    O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de novembro de 2020.

    CONTÍA DA AXUDA:
    A contía estará determinada en función da renda per cápita da unidade familiar (RPCF), de acordo cos seguintes tramos:
    RPCF ata 3.750 euros: 14 €/hora.
    Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
    Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
    Superior a 10.000 euros: 7 €/hora.

    PRAZO:
    Ata o 30 de setembro de 2020.
    Para solicitudes e/ou máis información poden dirixire ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.