• 2020-02-27 13:34:42
    Emprego

    OBXECTO:
    Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
    As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO.

    COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:
    Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
    - Comunicación en lingua galega
    - Comunicación en lingua castelán.
    - Comunicación en lingua extranxeira (inglés)
    - Competencia matemática.

    No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 20 de marzo de 2020.

    CALENDARIO DO PROCEDEMENTO:

    Prazo presentación solicitudes Ata o 20 de marzo de 2020
    Publicación da lista provisional de admitidos 20 de abril de 2020
    Presentación de alegacións Ata o 24 de abril de 2020
    Publicación da lista definitiva de admitidos 7 de maio de 2020
    Realización das probas:
    Competencias clave de nivel 2
    Competencias clave de nivel 3 Os dous niveis o sábado 16 de maio de 2020
    Publicación dos resultados provisionais das probas 29 de xuño de 2020
    Presentación de reclamacións Ata o 3 de xullo de 2020
    Publicación dos resultados definitivos das probas 17 de xullo de 2020

    INFORMACIÓN: DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020.