• 2020-03-09 14:27:30
    Biblioteca

    O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, acaba de editar o libro “Cruceiros, cristos, cruces e monumentos do Concello de Ourol”. Un exhaustivo estudo de todos os cruceiros, cruces e cristos de Ourol no que se constata a nosa riqueza en patrimonio relixioso. O autor Mario Saavedra Pérez recupera estes elementos tan presentes na nosa paisaxe coa finalidade de que o paso do tempo ou o simple abandono non os borren da memoria colectiva.
    Por todo isto, comunícase que se pode pasar a recoller dito libro nas dependencias municipais ou na Casa da Cultura, e que se entregará un exemplar por vivenda a empadroados no concello.





    Adjuntos: