• 2020-05-12 12:38:21
    Biblioteca

    A biblioteca de Ourol pon a disposición dos estudantes do concello un servizo de fotocopias para os que non poidan imprimir na súa casa os deberes ou fichas que marca o seu profesorado.
    Para acceder a este servizo os/as interesados/as deben mandar por correo electrónico as copias que desexen relizar e unha vez feitas o persoal porase en contacto coa persoa para que pase a recollelas. . Non se fotocopiarán libros, só exercicios ou fichas de deberes.
    É imprescindible que os usuarios chamen ó teléfono 982559019 ou no correo biblioteca@concellodeourol.es para facer uso deste servizo. Deben tamén facilitar un teléfono de contacto para comunicar a hora en que poden pasar a recoller as copias. O horario é de 9:00 h a 14:00h