• 2020-05-28 10:28:08
    Info General

    As oficinas municipais do Concello de Ourol reabrirán ao público a partir do próximo luns 1 de xuño de xeito presencial e cun sistema de cita previa.

    As persoas interesadas en solicitar cita, tanto para o rexistro presencial como para ser atendidos nas oficinas municipais, deberán chamar a partir do 1 de xuño de 2020 de 9:00 a 14:00 horas, ao teléfono 982-559109

    As persoas que acudan as oficinas municipais deberán facelo de xeito individual a excepción das persoas dependentes, e todos deberán vir provistos de mascarillas, unha vez dentro será necesario cumplir as medidas de seguridade e respetar a distancia mínima interpersoal de dous metros.

    O ascensor só poderá ser utilizado de xeito individual.

    O tempo de permanencia nas dependencias municipais será o estrictamente necesario para realizar as xestións previamente concertadas.