• 2020-06-01 13:34:59
    Emprego

    Próximamente abrirase a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de conductores do vehículo motobomba no Concello de Ourol.
    Os postos a cubrir son:
    - Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
    - Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
    - Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
    - Tres Conductores de vehículo motobomba, dous meses e medio a xornada completa
    O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 3 ao 15 de xuño de 2020 (ambos inclusive)
    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego. Dada a situación actual de estado de alarma será necesario solicitar cita previa para acudir as oficinas municipais chamando ao teléfono 982-559109.
    As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es