• 2020-09-08 13:42:21
    Servicios Sociales

    BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO EN SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL, PARA O CURSO 2020/2021.

    Publicadas no BOP de Lugo (núm. 206 do martes 8 de setembro de 2020) http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/74004

    Trátase de dous tipos de axudas económicas para atender ós gastos orixinados polo comezo do curso escolar (libros de texto, material didáctico complementario e outros gastos directamente relacionados).

    TIPOS DE AXUDAS:

    1.- LIÑA A: derivado do convenio de colaboración coa entidade Greenalia S.A. Para gastos en material escolar de tódalas familias do noso concello con fillos/as menores de 16 anos escolarizados no curso 2020/2021 nalgún dos niveis educativos ós que da dereito a axuda e, en especial, para aquelas en situación de emerxencia social derivada da crise do COVID-19. O/a alumno/a deberá atoparse empadroado/a no Concello de Ourol á data da solicitude cunha antigüidade mínima de 3 meses.
    Documentación:
    1. Solicitude segundo modelo normalizado.
    2. DNI da persoa solicitante.
    3. Documento acreditativo de atoparse matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2020/2021.
    4. Certificado do número de conta bancario onde se efectuará o pago da axuda.
    Contía da axuda: máximo 60€ por alumno/a.

    2.- LIÑA B: Para gastos en material escolar daquelas familias con rentas máis baixas (renda per cápita anual inferior a 9000€).
    Documentación:
    1. Solicitude en modelo normalizado.
    2. DNI da persoa solicitante e resto dos membros da unidade familiar obrigad@s a telo.
    3. Libro de familia.
    4. Declaración da renta do exercicio 2019 de tódolos membros computables da unidade familiar.
    5. Documentos acreditativos para valoración de circunstancias persoais.
    6. Certificado número de conta bancario onde se efectuará o pago da axuda.
    7. Documento acreditativo de atoparse matriculado en segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2020/2021.
    Contía da axuda: máximo 100€ por alumno/a.


    PRAZO DE SOLICITUDE: 22 DE SETEMBRO DE 2020

    PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES: CHAMAR Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OUROL (982 559109)





    Adjuntos: